Site icon Crónica3.com A Mariña

Tamara González, de Bilbao, é a gañadora da fin de semana de turismo rural que sorteou Pastelería Anduriña, de Foz, entre quen comprou estes días os seus roscóns de Reis

Foz, 10 de xaneiro de 2023. Tamara González, unha veciña de Bilbao, é a gañadora da fin de semana de turismo rural que sorteou Pastelería Anduriña, de Foz, entre a clientela que estes días comprou os seus roscóns de Reis.

A afortunada gozará dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas, con ceas e almorzos, en casa Castiñeira, de Muxía.

O sorteo celebrouse na xornada de onte, luns, en Radio Foz.

Desde Pastelería Cafetería Anduriña agradecen á súa clientela “la confianza depositada en nosotros un año más para contar en sus mesas con nuestros roscones de Reyes” e felicitan á gañadora do premio sorteado: “felicidades a Tamara González. Esperamos que disfrute de la Costa da Morte y también de A Mariña lucense. Y queremos agradecer a Radio Foz, que un año más haya acogido este sorteo de Pastelería Anduriña”. Xunto a Anxo Rivas, de Radio Foz, estiveron Mari Trigo Fernández e Amada Rio Trigo, de Pastelería Anduriña.

Exit mobile version