Foz, 10 de xaneiro de 2023. Tamara González, unha veciña de Bilbao, é a gañadora da fin de semana de turismo rural que sorteou Pastelería Anduriña, de Foz, entre a clientela que estes días comprou os seus roscóns de Reis.
A afortunada gozará dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas, con ceas e almorzos, en casa Castiñeira, de Muxía.
O sorteo celebrouse na xornada de onte, luns, en Radio Foz.
Desde Pastelería Cafetería Anduriña agradecen á súa clientela “la confianza depositada en nosotros un año más para contar en sus mesas con nuestros roscones de Reyes” e felicitan á gañadora do premio sorteado: “felicidades a Tamara González. Esperamos que disfrute de la Costa da Morte y también de A Mariña lucense. Y queremos agradecer a Radio Foz, que un año más haya acogido este sorteo de Pastelería Anduriña”. Xunto a Anxo Rivas, de Radio Foz, estiveron Mari Trigo Fernández e Amada Rio Trigo, de Pastelería Anduriña.