Alfoz, 11 de xaneiro, 2023. A Concellalía de Igualdade do Concello de Alfoz organizará a partir do 11 de xaneiro ata finais de febreiro un programa de Educación Emocional para os rapaces e rapazas do IES Alfoz-Valadouro. A proposta foi moi ben acollida polo centro educativo que destaca que é un dos obxectivos do departamento de orientación para o presente curso: a mellora do benestar emocionas e social do alumnado. Levarase a cabo nas distintas horas de titoría co alumnado para cada un dos cursos de Educación Secundaria do centro:
1º ESO: 14 ALUMNAS E 8 ALUMNOS.
2º ESO: 11 ALUMNAS E 8 ALUMNOS.
3º ESO: 10 ALUMNAS E 11 ALUMNOS.
4º ESO: 12 ALUMNAS E 6 ALUMNOS.
Aprender a percibir, expresar e controlar as emocións. Concibir que o sentimento, o pensamento e a acción están ligados. Desenvolver, desde o respecto a si mesmo e aos demais, habilidades sociais de comunicación e de resolución de conflitos. Aprender a relaxarse…son parte dos contidos destes talleres nos que o importante é o traballo grupal cos adolescentes, para poder traballar dende a experiencia é a vivencia.