Burela, 23 de xaneiro, 2023. Contra as 20:10 horas de onte, a Garda Civil de Tráfico comunicaba ao 112 que a estrada quedaba aberta á circulación con semáforos de paso alternativo.
O 112 Galicia informaba durante a mañá do sábado do corte da circulación entre os quilómetros 41 e 44 da N-642, ao seu paso por Burela. As constantes e copiosas chuvias durante a pasada semana provocaron un importante deterioro da vía, na que os servizos de emerxencias interviñeron con celeridade a fin de restablecer o tráfico o antes posible. O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata o lugar para colaborar nas tarefas de alivio da presión da auga sobre a estrada.
Ademais do GALI e da Garda Civil de Tráfico, no operativo colaboraron o GES de Cervo e o persoal de estradas do Ministerio de Fomento e o do Concello de Burela.