Santiago de Compostela, 24 de Xaneiro de 2023. O deputado Anton Gómez-Reino emitiu unha pregunta no Congreso sobre o derrubamento na autoestrada N-624, concretamente no tramo entre Foz e Burela. No seu escrito, rexistrado este 23 de xaneiro, solicitou coñecer que medidas se están a tomar para solucionar este problema, e os prazos nos que se espera que se poida restablecer a circulación.
Asemade, o deputado e voceiro da dirección autonómica tamén reclamou información sobre a existencia de plans para a mellora das conexións da Mariña co resto da fachada norte de Galicia. Moi especialmente se existe un papel activo por parte da Xunta de Galicia neste senso.
Dende Podemos Galicia denuncian que o derrubamento, producido por mor das fortes chuvias das últimas semanas, expón un problema de fondo de vertebración territorial. Borja San Ramón, recentemente elexido líder da formación, declarou: “o corte na autoestrada podería ser inevitable, pero o que non se concibe é que a Mariña quede prácticamente illada do mundo por mor deste incidente”. Considera que o acontecido é “un mero síntoma dunha enfermidade que padecen moitas comarcas galegas, a falta de infraestructuras e planificación territorial”.
San Ramón tamén urxiu a Rueda á “sentarse a mesa co Goberno para darlle solución o problema”. Demanda unha maior cooperación entre Administracións, xa que “aínda que entendemos que a Xunta non pode planificar á mobilidade da comarca pola súa conta, si ten competencias neste eido, polo que o mais racional sería unha mesa de traballo co Goberno e os Concellos da contorna para unha planificación conxunta eficaz”.