O alcalde, Fernando Suárez, explicaba naquel momento que “o importe total da axuda ascende a 9.000 euros, que imos repartir en forma de árbores entre os distintos beneficiarios, de acordo cuns criterios que están establecidos nas bases desta convocatoria”.
O obxectivo do equipo de goberno é facer entrega das árbores no mes de febreiro “porque, unha vez que se encarguen aos viveiros, é un bo momento para facer esta plantación”.
O Concello de Ribadeo levaba xa varios anos realizando esta campaña entre a veciñanza responsable das redes secundarias de faixas de protección de biomasa.