A investigadora estadounidense, que está a realizar unha residencia no Museum Pfalzgallerie de Kaiserslautern, en Alemania, quixo coñecer de primeira man a experiencia e metodoloxía aplicada nos museos provinciais co obxectivo de incorporala noutros museos e proxectos de desenvolvemento comunitario.
Na súa primeira toma de contacto coa institución, participou nunha xornada de seguimento da mostra colectiva Trazando Solidariedade, promovida pola Rede Museística Provincial e as asociación integradas na Rede Lucense do Voluntariado, co obxectivo de visibilizar e recoñecer a labor voluntaria e incentivar a participación creativa das persoas que forman parte dos distintos colectivos.
Nos vindeiros días, achegarase ao Museo de Tor, ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla e ao Museo do Mar de San Cibrao para afondar nas particularidades do traballo que se desenvolve en cada un dos centros, vinculadas ao territorio e á comunidade na que se ubican.
Trazando solidariedade, no Museo Provincial ata o 31 de xaneiro
A mostra Trazando Solidariedade, que se inaugurou en decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, manterase aberta ata o 31 de xaneiro, con distintos espazos nos que, ademais de paneis explicativos e pezas creativas que reflicten a historia e os valores das 15 entidades que forman parte da Rede Lucense de Voluntario, se ofrece ás persoas visitantes a posibilidade de facer novas achegas.