No PP din que, nas actuais condicións, circular en coche por esta vía supón risco
Viveiro, 9 de xaneiro de 2023. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, non resolve os problemas que afectan aos veciños e tampouco dá explicacións de por que non toma as decisións que precisan. O grupo municipal do PP presentará un rogo na sesión plenaria que celebrará mañá a corporación municipal, no que demanda o amaño do Camiño de Ameixoa, cuxo mal estado crea numerosos problemas aos veciños. Hai máis de ano e medio que os afectados presentaron un escrito no Concello solicitando a reparación do camiño e nin tiveron resposta nin houbo melloras nesta vía.
O portavoz dos populares, Óscar Rodríguez, sinala que a concelleira Teresa Pérez presenta un rogo en relación co citado camiño. Sinala: “O firme do Camiño Ameixoa está nunhas condiciones lamentables e perigosas para a circulación de vehículos, aparte de non ter ningún tipo de iluminación”. Explica que esta vía carece de alcatrán e que sofre desprendementos nunha das beiras. Os populares destacan que veciños afectados polo mal estado deste acceso presentaron un escrito no Concello, vía Rexistro, en maio de 2021 e máis de ano e medio despois seguen sen resposta”.
Os populares pretenden que nos orzamentos do Concello para o actual exercicio “habilítese unha partida para acometer as obras necesarias para que ditos veciños poidan gozar dun acceso en condicións dignas en canto ao firme e á iluminación”. Óscar Rodríguez espera que o goberno local explique “a demora na resposta ás cuestións expostas no escrito rexistrado formalmente”.