Os populares destacan que non se pode falar, como fai o goberno local, de promover o rural cando no é capaz de ofrecer servizos óptimos aos veciños
Castiñeira indica que o alumeado público “é un servizo que é moi necesario, especialmente nas parroquias, nas que viven practicamente a metade dos nosos veciños”. De como está este servizo nas parroquias “é un claro exemplo Fazouro, onde os veciños nos din que dende hai tempo hai luminarias apagadas ou avariadas e que o Concello non fixo nada para reparalas; isto di moito da xestión do bipartito municipal, e, sobre todo, dou pouco apego que ten este goberno ás nosas parroquias”.
Os focenses que viven na zona rural, di Castiñeira, “demandan servizo básicos, eficientes e unha boa atención que non reciben”. Os populares piden “ao equipo de goberno que canto antes solucione todos estes problemas e que se poña a traballar para atender aos veciños das parroquias de Foz”.
Castiñeira sostén que “non se pode falar, como fai o bipartito, de promover o rural, de animar a vivir no rural, cando non é capaz de dar servizos óptimos aos veciños, como é o caso do alumeado público, básico e moi demandado nas parroquias”.