No PP din a Cajoto que “escoite máis aos veciños e ao PP e déixese de solucións estrañas; a solución desta rúa e poñer os aparcadoiros en liña e facer así que a zona de circulación desta vía sexa máis ancha que actualmente”
Esta vez na Rúa Limoeiros, na que os veciños e o PP (no pleno) denunciamos que a nova estrutura dos aparcadoiros, en batería, nunha vía con espazo de circulación moi estreito, impedía que os veciños puideran estacionar”. Engade: “Diciamos que os aparcadoiros resultaban moi incómodos para os outros vehículos que circulan pola vía porque para aparcar teñen que pasar por riba da beirarrúa. Como o señor alcalde non fai caso de ninguén e a súa tozudez o leva a ter despois solucións verdadeiramente caóticas e ridículas, temos que denuncialo, porque son perigosas”.
Castiñeira explica: “Neste caso, o alcalde puxo uns módulos de formigón nas prazas diante das entradas dos garaxes aos que a xente chama obxectos terrestres non identificados, porque non sabe para que son; ademais son perigosos, porque de noite non se ven e é fácil que quen aparque acabe danando o coche”. O portavoz popular di que “a solución é a que lle dixo o PP, á que lle dixeron os veciños: que elimine as prazas en batería e que as poña en liña, co que conseguirá unha zona viaria moito máis ampla e os aparcadoiros serán de moito máis calidade, que é do que se trata, máis que de cantidade, porque ao lado está aparcadoiros públicos”. Por certo, estes últimos “están cheos de escombro, dende o verán; moitos deles chegan ás traseiras das casas”.
Javier Castiñeira lanza unha mensaxe moi clara ao alcalde: “Señor Cajoto escoite máis aos veciños e ao PP e déixese de solucións estrañas. A solución desta rúa e poñer os aparcadoiros en liña e facer así que a zona de circulación desta vía sexa máis ancha que actualmente”.