Grande superioridade do Burela FS fronte ao equipo de Ángel Saiz sen Julio Delgado no banquillo
Burela, 21 de xaneiro, 2023. Ás 18.45 desta tarde en Vista Alegre, comezou o encontro Pescados Rubén Burela FS – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF con 15 minutos de atraso debido aos contratempos provocados polos cortes na nacional 642. Un partido dominado polo Pescados Rubén de principio a fin, no que Sonya encaixa o último gol do encontro.
Comeza o partido e xa no minuto 1 Antía adianta o marcador 1-0 e no 4 Dany o 2-0. Pouco despois, no 9 de novo Antía sobe a 3-0 e no minuto 12 a habitual Emilly o cuarto gol. Un minuto depois Moni logra encaixar un gol para o Rayo, pero as burelás non dan tregua e continúan co festival de goles ata o final do encontro sen permitir case chegar á súa portería ás madrileñas. Antes do descanso, nos minutos 17 e 19 Irene Samper e, de novo, Dany anotan o 6-1 co que chega o descanso.
Na segunda parte, co marcador moi avantaxado para o equipo mariñán, tras unha boa ocasión do Rayo que desvía Caridade, Irene Samper volve encaixar outro gol, sumando o 7-1 ao marcador e xa no 34, con varias oportunidades das laranxas, Sonya, xogadora cadete do Burela FS, anota o seu primeiro gol en Primeira División de Futsal Feminina, culminando o 8-1 co que remata o encontro.
Agora as xogadoras do Pescados Rubén Burela FS céntranse nos encontros da Supercopa que se disputarán a fin de semana que vén no seu pavillón o Vista Alegre de Burela, empezando contra o Atlético Navalcarnero o sábado 28 de xaneiro ás 12.00 horas.
Ficha Técnica
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Jenny, Antía – cinco inicial- Irene Samper, Masha, Patricia, Sonya, Emilly, Jozi de Oliveira (C/P)
Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF: Tresguerres (C/P), Marta, Pitxi, Feijoo, Moni – cinco inicial-, Andy, Sofi, Peque, Malak, Coral, Montull (P)
Goles: Min.1, Antía Pérez 1-0; min.3, Dany 2-0; min.9, Antía Pérez 3-0; min.12, Emilly 4-0; min.13, Moni 4-1; min.17, Irene Samper 5-1; min.19, Dany 6-1; min.25, Irene Samper 7-1; min.34 Sonya 8-1.
Equipo Arbitral: Pablo Coello Martínez, Iria de Luis Iglesia, Eloy Bello Gómez, Andrea de Luis Iglesia