Goleada do Burela FS ao Parrulo Ferrol afianzando o segundo posto na clasificación con 14 encontros consecutivos sen coñecer a derrota
Burela 20 de xaneiro. Ás 21.15 desta tarde disputouse en Vista Alegre o esperado derbi galego, Pescados Rubén Burela FS – O Parrulo Ferrol FS. Con arredor de 1000 espectadores, entre eles o Vicepresidente da Federación Galega, Pablo Prieto e o Secretario do Parrulo Ferrol FS, José Manuel Naveira, o “Equipo Laranxa” deu unha lección de madurez na pista e goleou ao Parrulo 7-2 remontando os dous goles que o equipo ferrolano encaixa na primeira parte.
O encontro comeza moi igualado e así se mantén durante a primeira parte, despois de numerosas ocasións por parte dos dous equipos, moitos balóns salvados por ambos porteiros así coma pola mala puntería, Novoa anota no minuto 15 o primeiro tanto, que comeza poñendo por diante no marcador aos Parrulos, un minuto después Iván Rumbo mete o 0-2. Pero o Burela aguanta o tipo e segue buscando o gol ata encontralo no minuto 18 nun tiro direto de Isma e xa no 19 o máximo goleador da Segunda Divisón, David Pazos, empata o encontro ata o descanso.
Durante toda a segunda parte o Pescados Rubén móstrase superior ao Parrulo, dende o principio comezan dominando o xogo e xa no minuto 23, despois dunha ocasión de Lucho, Antón Arnejo adianta ao Burela FS 3-2. Despois de dúas ocasións de Pazos, Rikelme aproveita un erro dos ferrolanos e anota o 4-2 no minuto 31. O entrenador alfocense Juanma Marrube recorre ao xogo de 5 buscando recuperar o encontro, pero o equipo de Rial aproveita os erros do Parrulo e no minuto 31 Alberto anota o 5-2 cun gol a porta vacía tras un resbalón de Rubén Orzáez. No 32 Pitero, de novo a porta vacía con porteiro-xogador, fai o 6-2. No minuto 36 Lucho culmina o 7-2 ao quedarse so tras unha xogada de equipo calificada por Julio Delgado, dende la grada, como “a mellor xogada da Liga”.
Moi contentos se van descansar soamente un día os “pícaros”, que xa entrenarán o domingo para prepararse para os próximos partidos xa que, ainda que o importante é a Liga e os próximos dous encontros contra o Alzira e o Zaragoza, o martes quererán dar a talla contra o Mallorca Palma Futsal nos Oitavos de Final da Copa da SM O Rei, que se disputará en Vista Alegre ás 20.30 horas da tarde.
Ficha Técnica
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Pitero, Isma, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Lucho, Bruno Expósito, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy de Pablos, Bruno (P).
O Parrulo Ferrol FS: Coro (P), Iván Rumbo, Adri, Kevin Chis, Hélder – cinco inicial- Turbi, Charly, Keita, Wilson, Pedro, Novoa, Orzáez, Noel, Regue (P)
Goles: Min.15 Novoa 0-1; min.16 Iván Rumbo 0-2; min.18 Isma 1-2; min.19 David Pazos 2-2; min.23 Antón Arnejo 2-3; min.29 Rikelme 4-2; min.31 Alberto 5-2; min.32 Pitero 5-2; min.36 Lucho 7-2.
Equipo Arbitral: Ignacio del Olmo, David Fernández, Iván Feliz Otero e Patricia Doval Rodríguez