Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este mércores na Casa de Galicia en Madrid na presentación nacional da plataforma experienciasenribadeo.com, unha ferramenta promocional dixital creada pola empresa Donapubli

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, foi o encargado de abrir o acto, dirixido a profesionais do sector turístico e turoperadores de ámbito nacional. Arias destacou que Ribadeo ofrece “posibilidades para todo tipo de preferencias”, xa que suma actividades acuáticas, rutas de sendeirismo, o Camiño Norte, visitas culturais e unha excelente gastronomía, entre outros elementos. “Desde a Xunta -sinalou- traballamos para potenciar toda esta oferta e posicionar Ribadeo e A Mariña como un destino turístico sostible e de calidade, atractivo en calquera época do ano”.

Exit mobile version