A empresa a cargo traerá a Mondoñedo un equipo de viaxeiros para vivir unha experiencia no Concello e posteriormente documentala e compartila nos diferentes medios para que sirvan de inspiración a futuros visitantes
O funcionamento desta actividade será a través de contidos que serán recomendados polos propios viaxeiros da comunidade de internet que estiveron de visita en Mondoñedo. A propia empresa levará a Mondoñedo a un equipo de viaxeiros a vivir unha experiencia no destino para posteriormente documentala e compartila en diferentes medios e redes co obxectivo de que sirvan de inspiración a futuros visitantes. Desta forma, cóntase cunha plataforma na que as recomendacións reais das persoas que xa estiveron no destino sirvan de inspiración para provocar a visita doutros viaxeiros.
Por outra banda, desde o goberno local destacan o importante labor que se está facendo na promoción turística con este tipo de iniciativas con tanto éxito. Neste sentido, a empresa contratada para facer esta aplicación foi a mesma que trouxo bloggers a Mondoñedo durante as festas de As San Lucas para darlle visibilidade a unha festividade que é a máis lonxeva de Galicia.
Máxima visibilidade
O obxectivo é aproveitar a visita destes viaxeiros para darlle unha máxima difusión á diferente oferta turística de Mondoñedo. Ademais, esta comunidade turística de viaxeiros interactúan máis de 50 millóns de persoas para organizar as súas viaxes e planificar as próximas. Gracias a esta plataforma outro dos obxectivos será chegar a 2 millóns de usuarios únicos que se conseguirán por medios das impresións que se dará á actualización do contido que se vai a realizar.