O rexedor, a tenente-alcalde e a edil de obras supervisaron a actuación executada na zona
Cervo, 27 de xaneiro de 2023. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Ciprián, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa dos Campos, no centro da vila.
Tal e como explicaron, a actuación, que abrangue unha superficie de 1500 metros cadrados, supón un orzamento de preto de 50.000 euros-47.198 euros concretamente- financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.