Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo fixo entrega dos cheques das axudas para as ANPAS dos centros escolares do municipio

Forman parte dunha partida orzamentaria de 7500 euros a repartir entre as ANPAS e os centros escolares do municipio

Cervo, 25 de xaneiro de 2023.- O Concello de Cervo concede de novo as axudas dirixidas ás ANPAS dos distintos centros escolares do municipio. Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega das contías correspondentes ás ANPAS do CEIP de Cervo, o CEIP Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos.

Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “con esta liña de axudas pretendemos brindar un apoio económico para que as asociacións de pais e nais poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento, e así poder contribuír no fomento de actividades educativas e lúdico-culturais que buscan reforzar o progreso formativo do alumnado”.

Esta liña de axudas, que supón 1250 euros para cada ANPA, complementa outras que dirixe o Concello de Cervo á comunidade educativa, como as axudas para material escolar ou ao transporte do alumnado que estuda fóra do termo municipal.

Exit mobile version