A rede de uso público ofrece múltiples usos como pode ser o de sensorización e posicionamento de persoas, sensorización de niveis dos contedores de lixo, calidade da auga, contadores intelixentes “facendo máis eficientes os servizos públicos”
O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde Dolores García Caramés, desprazáronse ata o local social de Trasbar, onde se instalou unha das cinco antenas que garantirán a cobertura na totalidade do termo municipal, para coñecer en primeira persoa o funcionamento desta rede pública, que permitirá sumar ata 1000 dispositivos por antena sen problemas de sobrecarga.
Tal e como explicaron, esta iniciativa nace en colaboración co sector gandeiro que fará uso da rede para ter localizados e monitorizados en todo momento aos seus animais, que levarán incorporado un colar que lles ofrecerá todo tipo de información en tempo real. Pero, tal e como se dixo, os usos son moi diversos, “tamén para mellorar a eficiencia dos servizos públicos”.
O despregue desta rede de comunicación inhalámbrica por medio da instalación destas 5 antenas supón un investimento de case 6000 euros.