Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Remo Celeiro desprazouse este Domingo ao Grove para asistir a regata “VIII Memorial Miguel Fernández Lores – Lagar”

Foi a segunda regata onde o Club estreaba traína representando a Celeiro e ao Concello de Viveiro, sendo a única traíña da provincia. A regata foi organizada polo Club de Remo Mecos, asistindo cunha tripulación mixta representada por 14 remeiros, 3 deles compañeiros do Club de Remo de Mugardos. No referente os resultados: 1º clasificado equipos mixtos, e 6º posto na xeral de veteráns.

Exit mobile version