Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide ao Ministerio a máxima axilidade e emprego de recursos para a reposición do firme e o restablecemento do tráfico na N-642

A Mariña, sábado 21 xaneiro 2023. Ante a grave situación que está atravesando a comarca despois do derrube da N-642 á altura dos límites dos concellos de Foz e Burela co conseguinte corte do tráfico, desde o BNG instan ao Ministerio a buscar unha solución no menor tempo posible para restablecer o tránsito de vehículos e repoñer o firme derrubado polo embalsamento de auga. Así o fará Néstor Rego no Congreso dos Deputados esta semana, dirixíndose ao ministerio e aos organismos estatais correspondentes.

Desde o BNG fan fincapé tamén nas graves consecuencias que esta situación está provocando xa, coa lóxica indignación da poboación, consecuencias que poden resultar ainda imprevisibles a moitos niveis: económico, sanitario ou de seguridade, pois coa nova situación todas as ratios de tempo e isocronas en servizos como por exemplo a sanidade e o acceso ao Hospital de Burela aumentan ata límites inimaxinables co correspondente perigo, ao ter que percorrer media Mariña para acceder a el.

Case vintecatro horas despois do derrube, as mariñás e mariñaos deambulan pola Mariña na búsqueda de vías alternativas para acceder a Burela, sen apenas sinalizacións nin efectivos que encamiñen os vehículos pola direccion correcta, algo que non é admisible para os nacionalistas.

Unha mostra máis do total abandono da Mariña en materia de infraestruturas
Para o BNG é inconcebible que non haxa ningún vial en condicións alternativo á N-642 O responsable comarcal Antonio Veiga afirmou que “esto é unha consecuencia máis do total abandono por parte do Estado en materia de infraestruturas da comarca da Mariña que leva mais de dúas décadas agardando pola A-74, sen que ningún dos sucesivos gobernos do Estado dunha e doutra cór foran capaces de facer nín un só km de autovía”. No mesmo sentido manifestáronse Mario Pillado, portavoz en Burela e Francisco Xavier Fanego, tenente alcalde de Foz, que tamén afirmaron que “ao abandono ao que nos somete a Xunta en materia de sanidade e polo que a poboación volveu a sair á rúa esta semana súmase agora esta difícil situación e co servizo ferroviario xa de por sí precario, tamén inutilizado”

Exit mobile version