Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz pide a mellora do firme no espazo portuario, e reitera a solicitude de melloras e seguridade nas instalacións

Foz, 23 de xaneiro, 2023. A contorna da explanada portuaria de Foz presenta unha pésima situación do firme. Durante o pasado vrao, o Goberno local instou a Portos de Galiza á sua mellora, tras a evidencia das fochancas da explanada. A solución foi tapar de calquera xeito as fochancas mais 6 meses despois continuamos á espera de acondicionar debidamente este espazo.

A mesma situación de desleixo repítese coas instalacións portuarias sen que nos orzamentos de 2022 exista partida específica para un acondicionamento moi necesario das instalacións en Tupide.. Hai xa sete anos que o Parlamento Galego acordou por unanimidade a execución de obras urxentes para garantir a seguridade, o calado e o aumento de prazas de atraque nese porto, e nada se fixo ainda. O estado dos pantaláns é verdadeiramente malo. Os piares de apoio están deteriorados e xa no pasado romperon causando a perda dunha embarcación e a posibilidade de perderse todo o pantalán ao completo. O firme de táboas está moi deteriorado, con furados e podredume que xa ten provocado algunha caída.

Portos de Galiza anuncia agora cambios na sinalización dos portos da sua competencia. Mais esta medida semellan en cartelería xenérica e tememos que outras iniciativas para a mellora da seguridade non se contemplen. Medidas como a a aprobada por maioría do Pleno de Foz en xullo de 2022 esixindo informar e facer cumplir a limitación da velocidade e uso de embarcacións de recreo no entorno portuario, e sería unha boa oportunidade

Por todo o anterior, o BNG de Foz propon ao pleno instar a Portos de Galiza a mellorar o firme e pavimentación dos espazos portuarios de Foz, a cumplir o mandato parlamentar e adecuar o porto de Tupide para un uso seguro e a mellorar as instalacións de atraque, e a dar resposta ao acordo plenario do Concello de Foz de xullo de 2022 e adecuar a sinalización dos límites de velocidade e de uso de embarcacións de recreo no entorno portuario.

Exit mobile version