Presentamos un documento por rexistro con preguntas concretas e demandas. A alcaldesa respostou o día 2 de xaneiro desbotando da orde do día todas as cuestións de competencia municipal, centrándose “expresamente en temas relacionados coa seguridade”, competencia da policía coa que agradecemos ter realizado múltiples reunións, sendo a última o pasado luns 26 de decembro, nas que xa lle manifestamos peticións concretas.
Non estamos dispostos a entrar no xogo político xa que o problema nace e se enquista en non querer recoñecelo e abordalo desde o Concello. O descanso e a seguridade da veciñanza, negocios e patrimonio está por encima de calquera interés. Levamos có tema de Plácido e Camelia catro anoa nos medios de comunicación e entendemos que esta situación é unha vergonza para o pobo.
Queremos desculparnos coa Subdelegada do Goberno e os representantes dos Corpos de Seguridade, avisados có tempo que nos permitiu a resposta da alcaldía, por ter que declinar o convite á xuntanza.
Pedimos á alcaldesa que reposte por escrito a todas as demandas que se lle plantexan no documento rexistrado.