O Pescados Rubén Burela FS vence ao Futsi Atlético Navalcarnero na Semifinal da Supercopa de España Feminina celebrada este mediodía en Vista Alegre
No encontro de hoxe, un clásico que sabíamos que ía ser disputado e que o Burela ía xogar cómoda na casa, o Pescados Rubén xoga con Julio Delgado na grada, por última vez debido á sanción no encontro ante o Poio, e Peque tocada. Comeza o encontro e Emilly empeza a presionar ao equipo rival cunha oportunidade a 30 segundos de arrincar o partido encaixando o primeiro gol no minuto 1 de xogo. Continúa bastante igualado durante toda a primeira parte o encontro. No minuto 4 Patricia ten outra oportunidade e posteriormente, no 5, Caridad salva un gol que precede a outra oportunidade de Vane Sotelo no minuto 6 que se vai fóra. Presiona o Navalcarnero ás burelenses desde o minuto 5 ata o 7. No mesmo 7 Dany ten unha oportunidade clarísima que salva a porteira Belén. No 9 pídese o primeiro tempo morto do encontro, e no mesmo minuto Caridad volve ser protagonista tras un tiro de Lora. No 10 Irene Samper case logra encaixar o primeiro gol pero Belén volve ser un muro. A continuación outra oportunidaded do Futsi, un tiro longo desde o seu campo que salva Caridad e chega o empate cun gol de Irene Córdoba no minuto 11. A quendas en oportunidades vam sucedéndose durante o encontro, continúa Dany con outra oportunidade tras un pase de Jenny e a continuación outra de Peque tras unha grandísima xogada de equipo entre Cilene, Emilly, Dany e a capitá do Burela FS. Acaba a primeira parte con outra do equipo madrileño, pero volve Caridad a intervir, a cal sobresaíu durante o encontro de hoxe.
Na segunda parte comeza o festival de goles que non chegaban na primeira. Comeza cunha falta perigosa do Futsi que vai fóra. No minuto 2 Dany lanza un tiro directo perigoso que tamén se desvía e continúan as oportunidades do Burela con outras dúas de Peque nos minutos 22 e 23 ata que no 25 atopa o gol subindo o marcador para o Burela 2-1. No minuto 28 Emilly perde outra oportunidade cun tiro a porta baleira, pero Peque volve e mete o 3-1 precedido do 4-1 que consegue Dany cun golazo tras un pase de Irene Samper no minuto 31. Váiselle o encontro das mans ao Futsi e recorren ao xogo de 5, que trae o 5º gol do Burela cun tiro de Emilly a porta baleira. Continúa insistindo ata o final o Navalcarnero co porteiro-xogador e consegue dous goles, un no minuto 36 e outro no 39, o segundo de Irene Córdoba e de Ari, chegando ao final do encontro 5-3 para o equipo galego.
Remata o encontro e as Guerreiras Laranxas concéntranse en Viveiro cos demais equipos para descansar e prepararse para o encontro de mañá ás 12.00 horas que decidirá quen leva a Supercopa este ano, Pescados Rubén Burela FS ou MSC Torreblanca FS.
Ficha Técnica Pescados
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Antía, Emilly – cinco inicial- Peque (C), Claudia, Jeny, Dasha, Irene Samper, Masha, Patricia, Sonya, Jozi de Oliveira (P)
Atlético Navalcarnero: Belén (P), Ari, Irene, Ame Romero, Lora – cinco inicial-, Becha, Leti (C), María Sanz, Luchi, Laura, Vane Sotelo, Marta Balbuena (P)
Goles: Min.1 Emilly 1-0; min.11 Irene 1-1; min.26 Peque 2-1; min.28 Peque 3-1; min.31 Dany 4-1; min.34 Emilly 5-1; min.36 Irene 5-2; min.39 Ari 5-3.
Equipo Arbitral: Rubén Hevia Campa, Noelia Gutierrez Muñoz, Fernando Faubell Zaldívar, Lucía Gómez Rojo.