O Pescados Rubén Burela FS vence ao Futsi Atlético Navalcarnero na Semifinal da Supercopa de España Feminina celebrada este mediodía en Vista Alegre
Burela, 28 de xaneiro, 2023. Chegou a Supercopa de España Feminina 2023 e celébrase nin máis nin menos que no pavillón Vista Alegre de Burela, onde os dous equipos senior do Pescados Rubén Burela FS xogan cada fin de semana 1ª e 2ª Federación de Futsal Feminina e Masculina. Esta fin de semana a Liga Feminina detense deixando paso a esta competición na que catro equipos se enfrontan en formato Final Four. As semifinais xogáronse hoxe, ás 12:00 horas o Pescados Rubén Burela FS – Atlético Navalcarnero, no que as Raíñas Laranxas foron superiores levándose o pase á final que se xoga mañá ás 12:00 no mesmo pavillón e na que se enfrontarán ao MSC Torreblanca FS que gañou hoxe ás 14.15 ao STV Roldán.
No encontro de hoxe, un clásico que sabíamos que ía ser disputado e que o Burela ía xogar cómoda na casa, o Pescados Rubén xoga con Julio Delgado na grada, por última vez debido á sanción no encontro ante o Poio, e Peque tocada. Comeza o encontro e Emilly empeza a presionar ao equipo rival cunha oportunidade a 30 segundos de arrincar o partido encaixando o primeiro gol no minuto 1 de xogo. Continúa bastante igualado durante toda a primeira parte o encontro. No minuto 4 Patricia ten outra oportunidade e posteriormente, no 5, Caridad salva un gol que precede a outra oportunidade de Vane Sotelo no minuto 6 que se vai fóra. Presiona o Navalcarnero ás burelenses desde o minuto 5 ata o 7. No mesmo 7 Dany ten unha oportunidade clarísima que salva a porteira Belén. No 9 pídese o primeiro tempo morto do encontro, e no mesmo minuto Caridad volve ser protagonista tras un tiro de Lora. No 10 Irene Samper case logra encaixar o primeiro gol pero Belén volve ser un muro. A continuación outra oportunidaded do Futsi, un tiro longo desde o seu campo que salva Caridad e chega o empate cun gol de Irene Córdoba no minuto 11. A quendas en oportunidades vam sucedéndose durante o encontro, continúa Dany con outra oportunidade tras un pase de Jenny e a continuación outra de Peque tras unha grandísima xogada de equipo entre Cilene, Emilly, Dany e a capitá do Burela FS. Acaba a primeira parte con outra do equipo madrileño, pero volve Caridad a intervir, a cal sobresaíu durante o encontro de hoxe.
Na segunda parte comeza o festival de goles que non chegaban na primeira. Comeza cunha falta perigosa do Futsi que vai fóra. No minuto 2 Dany lanza un tiro directo perigoso que tamén se desvía e continúan as oportunidades do Burela con outras dúas de Peque nos minutos 22 e 23 ata que no 25 atopa o gol subindo o marcador para o Burela 2-1. No minuto 28 Emilly perde outra oportunidade cun tiro a porta baleira, pero Peque volve e mete o 3-1 precedido do 4-1 que consegue Dany cun golazo tras un pase de Irene Samper no minuto 31. Váiselle o encontro das mans ao Futsi e recorren ao xogo de 5, que trae o 5º gol do Burela cun tiro de Emilly a porta baleira. Continúa insistindo ata o final o Navalcarnero co porteiro-xogador e consegue dous goles, un no minuto 36 e outro no 39, o segundo de Irene Córdoba e de Ari, chegando ao final do encontro 5-3 para o equipo galego.
Remata o encontro e as Guerreiras Laranxas concéntranse en Viveiro cos demais equipos para descansar e prepararse para o encontro de mañá ás 12.00 horas que decidirá quen leva a Supercopa este ano, Pescados Rubén Burela FS ou MSC Torreblanca FS.
Ficha Técnica Pescados
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Antía, Emilly – cinco inicial- Peque (C), Claudia, Jeny, Dasha, Irene Samper, Masha, Patricia, Sonya, Jozi de Oliveira (P)
Atlético Navalcarnero: Belén (P), Ari, Irene, Ame Romero, Lora – cinco inicial-, Becha, Leti (C), María Sanz, Luchi, Laura, Vane Sotelo, Marta Balbuena (P)
Goles: Min.1 Emilly 1-0; min.11 Irene 1-1; min.26 Peque 2-1; min.28 Peque 3-1; min.31 Dany 4-1; min.34 Emilly 5-1; min.36 Irene 5-2; min.39 Ari 5-3.
Equipo Arbitral: Rubén Hevia Campa, Noelia Gutierrez Muñoz, Fernando Faubell Zaldívar, Lucía Gómez Rojo.