Site icon Crónica3.com A Mariña

José Miñones felicita ao Pescados Rubén Burela feminino pola súa victoria na Supercopa de España de Fútbol Sala

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asistiu este domingo á final da Supercopa de España de Fútbol Sala feminino, que tivo lugar no pavillón Vista Alegre de Burela entre o Pescados Rubén Burela e o MSC Torreblanca Melilla. José Miñones felicitou ao club burelés, campeón do torneo por quinta vez na súa historia, e destacou que “é un orgullo ver a un equipo galego ser referencia a nivel nacional e internacional neste deporte”. O delegado estivo acompañado pola subelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.

Exit mobile version