Lugo, 25 de xaneiro de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe una xuntanza coa comunidade educativa do CEIP Vista Alegre de Burela, á que asistiron o director do colexio, José Manuel Díaz, e representantes da Asociación de Nais e Pais, entre outros. Na reunión avaliáronse actuacións como a próxima renovación do peche do recinto escolar.
O delegado tamén puxo de manifesto a “receptividade e boa disposición” da Xunta para garantir o bo funcionamento da actividade educativa e dos servizos extraescolares, “valorando as opinións que nos trasladades desde o centro e tentando sempre dar resposta ás vosas inquedanzas”.
Arias lembrou que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades inviste “na mellora constante das dotacións como marco dunha educación pública de calidade”, e neste contexto destinou a este centro máis de 270.00 euros nos últimos anos.