A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado na XI Festa dos Callos de Vilamar, no concello de Barreiros. A Deputación de Lugo colabora con esta cita anual que serve para recadar fondos para as festas patronais e que reuniu a máis de 300 persoas desta parroquia e do municipio mariñán. Os asistentes degustaron os callos e costela asada con pementos e patacas.