Desde a dirección provincial confían no proxecto encabezado por Eugenia Requiejo para recuperar a alcaldía nun municipio que “está totalmente paralizado”
Muras, 20 de decembro do 2022. Eugenia Requeijo foi presentada polo PP como candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. A presentación tivo lugar nunha reunión entre afiliados e simpatizantes nun acto celebrado no Bar Santi e no que tamén participaron membros da dirección provincial, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, o secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, entre outros.
Desde a dirección provincial confían en volver a recuperar a alcaldía, pois “os populares xa estivemos moitos anos ao fronte do goberno local”, explica José Manuel Balseiro. O coordinador quixo destacar que “en máns do actual alcalde o Concello está totalmente paralizado, aínda que tampouco parece importarlle moito o municipio nin os seus veciños pois non reside nin en Muras nin na provincia de Lugo”.
A actual presidenta local do PP de Muras encabezará por segunda vez a lista dos populares no municipio. Eugenia Requeijo é técnico superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas e desenvolveu a súa actividade profesional como docente no eido da ofimática en diversas academias de formación. Tamén traballou como técnico de informática e responsable de prevención de riscos no Concello de Muras e na actualidade ten unha explotación gandeira.
Por outra banda, destacou que afronta a relección “coas mesmas ganas e a mesma ilusión que fai catro anos e síntome orgullosa de poder seguir traballando polos intereses e necesidades de todos os veciños”. Ademais, a popular subliñou que “temos experiencia de xestión e, sempre desde a humildade e o compromiso esforzarnos por facer de Muras un concello mellor”.
DESCONTROL DO GOBERNO LOCAL
Eugenia Requeijo resaltou o actual descontrol no que está sumido Muras na actualidade. “Hai unha desorganización en todos os sentidos, tanto na xestión, coma no traballo e nas obras. O noso concello precisa un cambio de rumbo, non hai un plan de futuro”, engade. Neste sentido, a candidata destacou o pasotismo dun equipo de goberno que “no 2015 prometeu fixar a poboación e 8 anos despois Muras ten un crecemento negativo do 12%”.
Ademáis, quixo engadir que “hai máis exemplos como o estado de total abandono das rutas de senderismo, a instalación dos puntos de recarga para coches eléctricos que só pode utilizar o coche do concello por carecer dos permisos necesarios ou a adquisición de material para acondicionar o concello gracias a investimento da Xunta de Galicia e que están sen usar porque as teñen gardadas de calqueira maneira, entre outros problemas”.
RESPALDO DA XUNTA
A candidata resaltou o compromiso da Xunta de Galicia co municipio que nos últimos anos fixo unha serie de inversións en Muras que melloraron os servicios. Entre eles, “a mellora do abastecemento de auga nas parroquias, co Plan Marco arranxáronse e acondicionáronse camiños de acceso a parcelas agríclas, os orzamentos en obradoiros de emprego cos concellos de O Vicedo e Ourol invertindo cada ano máis de 350.000 euros e no 2022 máis de 500.000 euros e tamén as prestacións do SAF (Servizo de axuda no fogar) nos últimos catro anos por preto de 800.000 euros, entre outras. En resumo, foron máis de 10 millóns de euros o que a Xunta investiu neste concello nos últimos catro anos”.
Por último, Eugenia Requeijo quixo agradecer aos membros da dirección provincial polo seu apoio e a todos os veciños e veciñas que estiveron no acto acompañando a súa presentación como candidata.