O edil explicou que “hoxe celebraremos a sétima Gala do Deporte no pavillón polideportivo municipal que está na Avenida de Luarca”.
Díaz Freije subliñou que “é unha gala diferente e especial porque aglutinamos os anos 2020, 2021 e 2022, para todos os rapaces e rapazas que co seu esforzo conseguiron diferentes galardóns nas distintas disciplinas. Vanse entregar 411 trofeos a 440 premiados, de 15 modalidades deportivas diferentes”.
Para o concelleiro de Deportes “é algo que ten que seguir porque hai moitos rapaces e rapazas enfocados no deporte e desfrutando, tanto nos adestramentos como na competición. Entonces queremos darlles un pequeno agasallo e que este sexa o día de todos estes esforzos, tamén para os familiares e para os diferentes clubs deportivos do concello de Ribadeo”.
A última vez que se celebrou a Gala do Deporte en Ribadeo foi en outubro de 2019.