Elaborou diferentes pratos e sobremesas típicas da gastronomía turca como “baklava, kofta ou sopa tarhana” para o alumnado de cociña, ou tamén preparacións con café turco para o alumnado de servizos. Esta visita está encadrada dentro do programa Erasmus+ na modalidade de visitas de expertos. A relación do IES de Foz con este instituto homólogo vén do ano 2019 cando dous alumnos realizaron prácticas en hoteis da súa rexión. En abril de 2023 dous profesores irán realizar unha estadía de observación ao centro durante 9 días. Está sendo unha experiencia moi enriquecedora para todos e a aprendizaxe é total en todos os sentidos.