O número de socios aumentou hasta os 435 no ano pasado
Unha vez lista a memoria de actividades, a directiva do colectivo convocará unha asamblea de asociados para explicarlles con detenemento o contido da mesma. Entre as actividades realizadas en contacto coa cidadanía, destacan a realizada coa axuda da Fundación ALCOA nos dous ceips da localidade, e os cursiños de pilates e costura, e as actividades que se realizaron no Día de Loita contra o cancro.
INCREMENTO DE ASOCIADOS
Esperanza incrementou o número de asociados en 2022 ata os 435, uns 60 máis ca en 2021, o que para a directiva representa un maior grao de sensibilización e compromisoda veciñanza burelá na loita contra o cancro e todo o que representa. A directiva da entidade quere transmitirlle a toda a súa masa social, pero tamén a toda a sociedade burelesa, o seu fondo agradecemento pola colaboración que están a ter.