Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal de Xove

Xove, 20 de xaneiro de 2.023. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de novembro do pasado ano unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios.

Unha das postais premiadas neste Concurso vai ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos rapaces.

Os premiados nesta edición, foron:

Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 40) MARÍA MOREIRA REGO.
2º : (Nº 1) ANAÏS ROMERO SUÁREZ.
3º : (Nº 21) MARÍA GARCÍA VAL.

Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 14) AZUCENA FERNÁNDEZ RIVEIRA.
2º : (Nº 33) ADRIÁN REGO GARCÍA.
3º : (Nº 30) LEILA ALCALDE FERNÁNDEZ.

Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 3) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
2º : (Nº 6) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.
3º : (Nº 7) NICOLÁS PURRIÑOS GARCÍA.

Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 8) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
2º : (Nº 29) ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.
3º : (Nº 46) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.

Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 45) DANIEL BÉRTOLO CASABELLA.
2º : (Nº 55) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 44) ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.

Exit mobile version