Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas resultan feridas ao colidir por alcance cinco vehículos en Cervo a causa dun xabaril

Cervo, 7 de xaneiro, 2023. O accidente produciuse cando un dos vehículos bateu contra un xabaril e o resto de coches colidiron en cadea.

Sucedeu no punto quilométrico 53 da N-642, uns minutos despois das 22:00 horas.

Foi nese momento cando o 112 Galicia recibiu a alerta da colisión múltiple a través dunha persoa implicada no sinistro.

Acto seguido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Exit mobile version