Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Ribadeo e Acisa traballan na organización do Entroido

Ribadeo, 26 de xaneiro de 2023. Concello de Ribadeo e Acisa traballan na organización do Entroido 2023. Os actos desenvolveranse do 17 ao 25 de febreiro.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “visto que non existía unha comisión organizadora do Entroido como tal desde o Concello e Acisa puxémonos a traballar coa intención de programar unha serie de actividades que sexan do agrado de todas e todos. Levamos días de encontros, de chamadas e estamos a pechar os últimos flocos do Entroido 2023”.

A edil ribadense dixo que “podemos adiantar que os actos terán lugar do 17 ao 25 de febreiro e que haberá pregón, festa infantil, o desfile e a Queima, que recuperamos despois de varios anos sen celebrarse por mor da covid”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agardamos a vindeira semana poder presentar o programa desta tradicional cita. Sabemos que a xente está pendente para desempoar os seus disfraces, para sacar as súas máscaras á rúa e para encher de colorido e de ritmo as rúas de Ribadeo”.

E engadiu: “Concello e Acisa traballamos unha vez máis xuntos para que tradicións como esta, a do Entroido, en Ribadeo se manteñan. E para contribuír á dinamización do comercio e da hostalería”.

Exit mobile version