O representante da Xunta en Lugo lémbralle a José Miñones que é delegado do Goberno de toda Galicia e non só da Coruña, e considera moi grave que semente dúbidas sobre un acordo aprobado por unanimidade polo Parlamento galego
Javier Arias considera que en lugar de retomar debates superados sobre a localización de Altri noutras provincias o que tería que facer o delegado do Goberno é apostar pola execución material e eficiente dos fondos, de acordo co regulamento dos mesmos, para que este proxecto, que aspira a sumar o 3% da produción mundial de fibra sostible, sexa unha realidade para Lugo e para Galicia.
Por último, o delegado territorial lembrou que se trata dunha oportunidade única para a provincia de Lugo, porque suporá un investimento duns 800M€ e a creación de 2.500 empregos directos e indirectos, pero pídelle a Miñones que vexa que tamén será un proxecto clave para Galicia, porque a comunidade terá a única fábrica de fibras téxtiles de España.