Rexedoras e rexedores da comarca veñen de remitir videos reivindicando a recuperación da Area Sanitaria e dos servizos sanitarios
Estas mensaxes de apoio que se envían desde os gobernos municipais da comarca en formato de videos que se publican nas redes sociais comenzaron a chegar no día de onte. As e os rexedores municipais advirten da importancia da recuperación da Área Sanitaria eliminada no ano 2018 e que supuxo a recentralización dos servizos na macroárea de Lugo, onde se construiu un xigantesco hospital que sería quen de absorber as derivacións “in crescendo” que chegan desde as antigas áreas da Mariña e Monforte. A supresión da área sanitaria forma parte da estratexia do goberno da Xunta para ir baleirando de contido os centros sanitarios máis periféricos e rurais e capitalizar a asistencia sanitaria nas ciudades á vez que se aumenta o desvío de fondos para a sanidade privada. Tamén advirten da situación de emerxencia que está a vivir a Atención Primaria da Mariña, con máis do 50% d@s médic@s de familia ausentes por falta de substitucións, centros de saúde sen ningún/ha facultativ@ e a escandalosa situación que está a vivir a pediatría de Atención Primaria, sen profesionais para atender ás crianzas e cuxas familias vense na obriga de acudir ao servizo de urxencias ou a pediatras privados, se é que teñen medios económicos.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña “agradecemos aos gobernos municipais esta mostra de apoio á sanidade pública e sumámonos a eles animando a mariñás e mariñaos a acudir a esta manifestación ,para que se escoite o noso berro unánime que poña fin a esta sangría sanitaria”- conclúen desde o colectivo sanitario.