Ribadeo, 30 de xaneiro de 2023. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten comprometidas melloras para o porto de Ribadeo por importe de 200.000 euros. Así o confirmou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, esta mañá nunha visita ao porto lucense.
A representante autonómica explicou que estas instalacións atópanse incluídas no contrato que Portos de Galicia ten en fase final de licitación para a renovación de luminarias con tecnoloxía LED en diversas dársenas de todo o litoral galego. No caso do porto de Ribadeo investiranse 118.000 euros na inspección e renovación de 107 luminarias e dotaranse da tecnoloxía necesaria para permitir o seu control telemático.
Así mesmo, a presidenta de Portos explicou que este é tamén un dos portos beneficiarios do contrato global do ente público para a renovación de pavimentos deteriorados en diversas dársenas costeiras. En concreto, en Ribadeo reporase o firme na contorna do varadoiro –no porto deportivo– así como na da lonxa –na dársena pesqueira–. Esta actuación suporá un orzamento de 96.000 euros.
Plan de dragaxe
Durante a súa visita a Ribadeo, Susana Lenguas deu conta dos avances na tramitación dun proxecto de grande envergadura para a localidade como é o plan de dragaxe, que contempla a dragaxe inicial do porto para a recuperación de calado así como posteriores limpezas de mantemento. Esta obra conta cun orzamento estimado de 2 millóns de euros e o proxecto está xa redactado en fase de supervisión.
PP de Ribadeo
O voceiro do grupo municipal popular ribadense Dani Vega, fixo unha valoración moi positiva: “Xestionamos orzamento gracias a un traballo conxunto e importante entre as entidades de porto, a Xunta de Galicia e este grupo municipal. Queremos anunciar inversión rápida e efectiva para os portos de Ribade gracias a un traballo coordinado. Son 200.000 euros os que se invisten para cambiar toda a iluminación do correo e reparar os firmes do porto porque hai zonas que necesitaban esta inversión.”
Por outra banda, “3,8 millions de euros será.o orzamentopara o dragado da Ría. Unha iniciativa que demandaban moito as empresas do porto. Fixéronse ata o momento dragados puntuales, pero con esta inversión o dragado será para 10 anos. A súa licitación está preto de solicitarse axilizando todo o posible o inicio deste proxecto”, explica Vega