Para o delegado territorial acadar unha posposta conxunta que presentar aos traballadores era un asunto de gran importancia que esixe unha reunión previa e non de mero trámite como pretende o organismo provincial
Javier Arias explica que nos escritos enviados desde a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, púxose a disposición da Deputación para desprazarse ata a sede de San Marcos as veces que foran necesarias, co obxectivo de analizar con tempo, seriedade e rigor a proposta de convenio colectivo deste consorcio.
Consideramos, sinala o delegado territorial, que o que esixe esta situación é unha reunión previa entre administracións e outra en datas posteriores co comité de empresa, e non dúas citas seguidas cunha hora de diferencia como se foran reunións de mero trámite. Ademais, explicou que seguimos dispostos a ter esta reunión para consensuar posturas.