A empresa que adquiriu en réxime de compravenda estas tres parcelas beneficiouse dunha bonificación de máis de 245.000 euros aplicada sobre o prezo de venda
Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2023. A Xunta de Galicia adxudicou tres parcelas cunha superficie total de 11.872,91 metros cadrados, no parque empresarial da Cuíña, no concello de Cervo.
As parcelas foron adxudicadas a unha empresa que prevé implantar unha planta para recolección de algas para a súa comercialización, creación de vivendas específicos e produción e cultivo de macroalgas e microalgas e a súa transformación para uso industrial.
O prezo de adxudicación destas tres parcelas é de 245.414,59 euros, despois de aplicar unha bonificación da mesma contía, xa que en todos os parques empresariais da Xunta na provincia de Lugo a bonificación é do 50 %.
Desde a implantación das bonificacións da Xunta en 2015, adxudicáronse en Cervo un total de 17 parcelas cunha superficie de máis de 54.400 metros cadrados e bonificacións por importe de preto de 990.000 euros que permitiron ás empresas asentarse neste parque empresarial cun menor esforzo, contribuíndo a xerar riqueza e emprego.