A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, participou na entrega de premios desta proba na que participaron unhas 300 persoas e que destina o 30% da inscrición á Asociación da Saúde Mental da Mariña
García Bermúdez sinalou que a aposta polas políticas sociais “é xa un sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso -engadiu-, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo para todo tipo de accións”. Neste sentido, a Deputada lembrou que a institución provincial colabora directamente coa Asociación Saúde Mental da Mariña que conta con 120 usuarios e usuarias dos servizos nos centros de Burela, Ribadeo e Viveiro, e subliñou a importancia de apoiar ao tecido asociativo. “Hoxe quixemos vir aquí como mostra do noso compromiso con esta asociación e para apoiar ao Concello de Barreiros por esta iniciativa solidaria”, apuntou Bermúdez.
O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo encargouse da gravación íntegra e da difusión da proba deportiva.