O Presidente da institución provincial e o Alcalde do municipio mariñán asinaron un convenio de colaboración para dotar de mellores servizos á veciñanza, redundando nunha mellora nos desprazamentos a pé dos veciños
Esta cantidade representa máis do 93% do investimento total necesario para acometer esta obra, que se levará a cabo onde se atopan os principais servizos do municipio de Alfoz, polo que estes traballos redundarán nunha mellor accesibilidade da vía e promoverá o desprazamento a pé dos veciños.
Os traballos realizaranse na LU-P-0202, a ambos lados da mesma, a través da actuación máis axeitada, xa sexa cun pavimento continuo ou cun pavimento de lousas prefabricadas. Esta actuación reparará as beirrarrúas do inicio ao punto quilométrico 0,220. Por outra banda, levarase a cabo a mellora dende o quilómetro 0,555 ao 0,760, coincidindo este tramo co Centro de Saúde, o campo de fútbol municipal e a Igrexa de San Pedro de Mor.
Apoio aos concellos
A institución provincial investiu en 2022 preto de 420.000€ no concello de Alfoz en diversas actuacións coma esta que se levará a cabo na Seara. Así mesmo, contou cun orzamento de 132.000€ para o acondicionamento de camiños e actuacións no Castelo de Castrodouro e a instalación de alumeado público con 17.100€.
A institución provincial investiu 6.600€ en iniciativas culturais e máis de 13.000€ foron para entidades deportivas. No eido do turismo, a Deputación achegou 7.500€ a través do Plan Único para a promoción do Castelo de Castrodouro.