Centro de Día de Menores San Aníbal
Polo que se refire ao Centro de Día de Menores, ao longo do ano que finalizou, foron atendidos 36 usuarios (12 rapazas e 24 rapaces), con idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. A meirande parte destes rapaces son de nacionalidade española (31), pero tamén os hai (5) de nacionalidades caboverdiana, nixeriana, ecuatoriana e peruana. É certo que a procedencia das familias destos usuarios reflexa a realidade de Burela e a súa comarca, con orixe en España, Marrocos, Ecuador, Nixeria, Honduras, Senegal, Portugal, Cabo Verde, Uruguai, Perú, Romanía e Madagascar.
Os 36 usuarios que tivo o Centro durante o pasado ano repártense entre os concellos de Burela, Foz, Ribadeo, Cervo e Ferreira do Valadouro.
En canto ao grao de ocupación deste Centro de Día, que conta con vinte prazas concertadas para a atención de rapaces e mozos de 0 a 18 anos, cabe decir que, durante o exercicio 2022, tivo unha sobreocupación lixeiramente superior ao 44%.
Casa de Familia San Aníbal
Este fogar funcional de protección de menores que se atopan en situación de Garda ou Tutela Pública pola Xunta de Galicia atendeu ao longo do ano 2022 a 14 usuarios (6 rapazas e 8 rapaces, entre os seis e os vinte anos de idade). O total de usuarios é de nacionalidade española, mentras que entre as súas familias, aínda que de procedencia maioritariamente española, tamén as hai de orixe brasileiro, dominicano, marroquí e portugués. Entre os concellos de onde veñen estos menores, están Foz (con 7 usuarios), Burela, Viveiro, Ribadeo, Antas de Ulla e Ferrol.
É oportuno citar os motivos que teñen levado a estos 14 usuarios á situación de tutela administrativa: abandono familiar (6 casos), problemas de conducta no menor e dificultade da familia para afrontalos (3), violencia de xénero e/ou violencia intrafamiliar (2), enfermidade grave no núcleo familiar (2) e, por último, dificultades para afrontar o cuidado dos menores (1 caso).
A Casa Familia, que dispón de oito prazas, tivo no cómputo global do ano unha sobreocupación do 4,7%.
Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena
Baixo o programa de acollida temporal adicado preferentemente a mulleres con fillos menores ao seu cargo e en situación de vulnerabilidade, o Centro María Nazarena atendeu a tres familias ao longo do pasado ano: dous destas familias estaban compostas por madre con fillo ou filla menor ao seu cargo, e unha terceira compoñíaa un home con fillo menor ao seu cargo. As familias eran de nacionalidade española, costarricense e dominicana, e viñan dos concellos de Foz, Vilalba e Viveiro.
Partindo do obxectivo inicial de cubrir as necesidades básicas de aloxamento e manutención destas familias, o Centro facilita a estos usuarios orientación e apoio a nivel xurídico, laboral, educativo, sanitario e social; facendo, deste modo, máis doada a súa integración na sociedade, e fomentando, ademais, a súa autoestima e independencia.