As xogadoras do Pescados Rubén comezaron con pouca fluidez pero remontaron o partido bastante cómodas a partir do minuto 30
Burela, 7 de xaneiro, 2023. Esta tarde ás 19.00 horas (peninsular), 18:00 en Canarias, disputouse o Gran Canaria FSF Teldeportivo – Pescados Rubén Burela FS na Ciudad Deportiva Gran Canaria. Un encontro moi sufrido que deixa 3 puntos en Burela, continuando 2º na clasificación coa tamén vitoria do Atlético Navalcarnero que gaña 0-5 ao Viaxes Amarelle.
O partido comeza bastante igualado, cunha oportunidade de Idoya no minuto 2 pero con máis posesión do equipo laranxa ata o minuto 8 no que Antía, segundos despois dunha clara oportunidade que salva a porteira, encaixa un golazo que, esta vez, Mariona non logra desviar. No minuto 11 Anita aproveita un contragolpe rápido e unha complexa decisión da porteira burelense, que se ve sola ante a xogadora canaria, e empata 1-1 o encontro. Logo de dous paradóns da porteira do Telde ante Cilene e Peque, pero un Pescados Rubén bastante “espeso”, o adestrador Julio Delgado, non contento co que ve, decide presionar ás súas xogadoras poñéndoas en superioridade con un 5 a 4 vendo que 4 a 4 non logran gañar o encontro, unha mensaxe á que non logran responder como el esperaba ata o descanso, quedando 1-1.
Cun extrano comezo da segunda parte, no que unha dudosa expulsión de Caridad deixa ao Burela FS en inferioridade con 4 xogadoras que logran aguantar o tipo os 2 minutos, pero xusto no 22, despois dunha boa xogada estratéxica, Marta Escribano encaixa o 2-1 que anima ás xogadoras do Teldeportivo e despista ás burelás. Tras dúas oportunidades de Irene Samper nos minutos 25 e 28 e unha de Peque no 29 na que a porteira Mariona se mostra imparable, no minuto 30 Dany logra empatar o partido 2-2 tras un centro de Peque. Segundos despois tras unha boa xogada combinativa Emilly consegue o 2-3, animando ás xogadoras do equipo laranxa, que comezan a verse máis cómodas. Tras dous paradóns de Jozi e unha oportunidade de Peque, o Teldeportivo recorre ao porteiro-xogador no minuto 35 no que un despexe de Emilly se converte no 2-4 para o Burela. No 39, tras unha pérdida de balón do Telde con xogo de 5, Peque sube 2-5 o marador e continuando o Telde coa superioridade 4 a 5, Martita consegue o 3-5 co que remata o encontro.
As Guerreiras Laranxas volven á casa con 3 puntos e xa concentradas no próximo encontro ante o Poio Pescamar en Vista Alegre, prevese un bo partido.
Ficha Técnica:
Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Jenny, Peque, Patricia, Cilene – cinco inicial- Dany, Antía, Irene Samper, Emilly e Caridad (P).
Gran Canaria FSF Teldeportivo: Mariona (P), Anita, Sofi, Idoya, Martita – cinco inicial- Play, Collado, Gema, Escribano, Pina e Vir.
Goles: Min.8 Antía 0-1; Min.11 Anita 1-1; Min.23 Marta Escribano 2-1; Min.29 Dany 2-2; Min.30 Emilly 2-3; Min.35 Emilly 2-4; Min.39 Peque 2-5; Min.39 Martita 3-5.
Equipo Arbitral: Jesús Almeida Leon e Francisco Javier Pérez Medina.