O evento comezou ás 17.00 cando comezaron os primeiros encontros da tarde, ata as 21.00 que comezou a entrega de medallas para todos os participantes. Asistiron 4 clubes con dous equipos cada un (8 en total); AD Río Ouro, Escolas Deportivas Celeiro-Xove, Escola Cabreiroá Burela FS e AD Santiago de Foz; sobre 80 nenos e nenas en total, aos que viñeron ver xogar familias e amigos, creando un bo ambiente en ambos pavillóns durante toda a tarde.