Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebrou este venres a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte

Viveiro, 3 de decembro, 2022. O Concello de Viveiro celebrou onte a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte a Irene Rega Jul pola súa obra ‘Tecendo Redes’. O finalista foi Francisco Antonio Vidal Blanco, coa súa obra ‘As cartas do desarraigo’.

O acto foi no Teatro Pastor Díaz e o escritor Suso de Toro foi o mantedor. O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpriu este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

“Os meus parabens a Irene Rega Jul e Francisco Antonio Vidal Blanco, unha felicitación que quero facer extensiva a todos os escritores e escritoras que presentaron as súas obras a este certame”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro.

“Quero agradecer tamén a presenza de Suso de Toro e o traballo dos membros do xurado, que destacou a calidade das novelas que concorreron. Isto anímanos no Concello de Viveiro a pensar xa na quinta edición deste premio, que iniciamos no ano 2018”, engadiu a alcaldesa.

Para o xurado, na obra premiada “destacan o ritmo narrativo, a construción dos personaxes e una trama que mantén a intriga ata o final”. Por outra banda, sinala “a escolla de escenarios pouco habituais no xénero; así como o feito de tratar temas e problemáticas da sociedade actual, como o acoso ás mulleres e o maltrato cun enfoque comprometido.”

Exit mobile version