Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre polo Mundo. Con Silvia Rubal

Burela, 20 de decembro, 2022. Este venres 23 de decembro celebrarase unha das citas anuais que non pode faltar no plan de actividades da Fundación Imdecum, “Vista Alegre polo mundo”. En colaboración co Pescados Rubén Burela FS, o Concello de Burela e a Deputación de Lugo, este ano teremos de convidada a Silvia Rubal (Burela, 1995), canteirá e ex – xogadora do Pescados Rubén Burela FS (2010-2017) e actualmente xogadora do FSF Castro, dende esta tempada. Silvia virá falarnos da súa experiencia como xogadora senior e adestradora de base de fútbol sala en Italia, onde estivo en varios equipos durante 5 tempadas: Calcio Padova Femminile (T.2021-2022, adestradora) Cittá di Falconara (T.2020-2021, xogadora e adestradora) co que se estreou na Serie A e co que gañou a Coppa e o subcampeonato ligueiro, ASD GLS Dorica Femminile (T.2019 – 2020, xogadora e adestradora), ASD Mandredonia (T.2018-2019, xogadora) e TB Marmi Chiaravalle (T.2017-2018, xogadora e adestradora).

A cita será ás 12.00 no pavillón Vista Alegre de Burela, antes do adestramento do equipo cadete-xuvenil feminino das Escolas Cabreiroá Burela Fútbol Sala onde as xoves promesas poderán conversar con Silvia e aprender sobre diferentes vivencias das diferentes persoas, animándoas a vivir novas expriencias enriquecedoras en outros lugares.

Exit mobile version