Este venres ás 12.00 previo entrenamento do equipo cadete-xuvenil feminino do Pescados Rubén Burela FS, tivo lugar a actividade formativa “Vista Alegre polo mundo”, na que Silvia Rubal, actual xogadora e adestradora do Castro FSF e ex – xogadora do equipo burelao, contou a súa experiencia como xogadora de fútbol sala en Italia durante 5 anos. Animou ás rapazas a experimentar novas vivencias e atreverse a ver mundo, xa que, aínda que é duro, saír da zona de confort sempre é didáctico. Logo dunha interesante conversa con Silvia, fíxoselle entrega duns agasallos por parte da Fundación Imdecum, organizadora do evento. Colaborou a Deputación de Lugo, o concello de Burela e o Pescados Rubén Burela FS.
Vista Alegre polo Mundo con Silvia Rubal
Vista Alegre polo Mundo con Silvia Rubal
Relacionado
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros