Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares: “O benestar animal é un tema co que este equipo de goberno está sensibilizado, por iso nos orzamentos municipais reservamos cada ano unha contía importante para contribuír a garantir a súa protección”

Cervo, 6 de decembro de 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron unha reunión de traballo coas persoas voluntarias da Asociación Protectora de Animais Coletiñas, no refuxio municipal situado no Polígono de Cuíña.

Villares e Méndez quixeron poñer en valor o importantísimo labor que desempeñan as persoas voluntarias da Protectora, tanto na atención directa e coidado dos animais, como á hora de divulgar esa mensaxe de concienciación e responsabilidade entre a cidadanía.

Tal e como apuntou o rexedor “o benestar animal é un tema que preocupa e co que este equipo de Goberno está sensibilizado; por iso nos orzamentos municipais reservamos cada ano unha contía importante para contribuír a garantir a súa protección”

Así precisou que colaboramos con Coletiñas desde a súa fundación; no 2017 “establecimos unha subvención directa para este colectivo de 3000 euros, que fomos incrementando ano a ano ata acadar neste ano 2022 aos 12.000 euros “xa que consideramos que desde Coletiñas fan un labor altruísta fundamental para a comunidade en defensa do dereito animal”.

Exit mobile version