O accidente ocorreu ao fío das 14:00 horas de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por unha persoa particular, a muller sufriu unha saída de vía mentres conducía pola Avenida Juan Navia Castrillón, á altura do número 19, e necesitaba axuda tras quedar atrapada no interior do vehículo.
A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos aos Bombeiros de Viveiro, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para romper un dos cristais e poder facilitar a saída da ferida polo maleteiro do turismo. Ata o punto tamén desprazáronse os axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha vez rematadas as labores de excarceración, a condutora foi evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.