No PP destacan que agora “o Concello de Foz ten que sacar a licitación canto antes o novo concurso, que xa o deberá ter feito hai catro meses”
Castiñeira sinala: “Comprobamos que non hai ningún problema para renovar esa cesión; tampouco parece haber maior problema para chegar a un acordo para chegar á cesión definitiva. Entendemos que unha vez dadas estas circunstancias o Concello de Foz ten que sacar a licitación canto antes o novo concurso, que xa o deberá ter feito hai catro meses, así como a decisión de recibir catro anos esta residencia; non o fixo e agora imos bastante apurados, pero estamos contentos”.
Os populares destacan que aproveitaron “a reunión para pedir ao consorcio a posibilidade de financiar algún equipamento a maiores e creo que hai boa vontade”.
Castiñeira di que, seguindo a folla de ruta marcada polo PP, “o Concello, unha vez avanzado co Consorcio, canto antes, ten que poñerse a negociar coa empresa, que foi o que eu mesmo lle pedín no seu día a Cajoto, cando quixen falar con el para tratar de acercar posturas”. “Espero -di Castiñeira- que haxa tamén boa vontade pola empresa; con todo iso, a folla de ruta trazada polo PP é a máis segura para manter esa tranquilidade que necesita a día de hoxe a Residencia de Foz”.