Viveiro, 10 de decembro, 2022. En primeiro lugar, dicir que lamentamos enormemente que exista maior premura e interese por parte da Alcaldesa de Viveiro en respostar ás demandas da Asociación de Veciños do Casco Antigo a través dos medios de comunicación, en vez de facelo polo cauce habitual para responder os escritos presentados en rexistro municipal. Na actualidade todavía estamos á espera de resposta de moitos dos escritos presentados a motivo do tema en cuestión, así como doutras solicitudes e demandas que tamén afectan á veciñanza do casco antigo.
Puntualizar que nesta última solicitude nin estamos a solicitar maior presencia policial nin máis reunións, as demandas exactas son:
1. Que se controle a zona indicada e se faga cumprir a lei en canto a ruídos e ao consumo de bebidas alcohólicas e outras substancias nas vías públicas do casco.
2. Que alomenos retiren o banco de pedra sito no cruce entre Melitón Cortiñas e Felipe Prieto, para non facilitar o acomodo de xente nesa zona.
3. Que nos contesten ás seguintes preguntas:
A. Para cando a Ordenanza municipal sobre contaminación acústica e ruídos, xa en trámite no ano 2019, para dar cumprimento ao artigo 9 do Decreto 106/2015, de 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia?:
Artigo 9. Ordenanzas locais
A.1. En cumprimento do disposto polo artigo 6 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, os concellos de Galicia deberán contar cunha ordenanza sobre contaminación acústica adaptada á normativa básica estatal no prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor deste decreto…
B. Para cando a revisión de licencias e a adaptación á normativa actual dos locais de ocio nocturno que incumpren a lei?
C. Que outras medidas van a tomar para solucionar esta problemática?
Comprendemos perfectamente, e como se nos ten indicado, tanto por parte do corpo policial como da alcaldía, que hai máis zonas que vixiar e que os corpos de seguridade non poden estar vixiando todo o tempo a zona que maior concentración de xente ten durante a noite. É por eso que solicitamos se nos dé resposta ás cuestións sobre a aprobación e cumprimento da normativa correspondente, sen ordenanzas de ruidos e convivencia a policía non ten as ferramentas precisas para realizar o seu traballo con garantías, e de aí a responsabilidade política da alcaldesa.
E aínda que agradecemos a convocatoria dunha nova reunión e acudiremos en canto se nos convoque, cremos que o expresado pola alcaldesa nos medios non fai máis que perpetuar e agravar a problemática dos veciños. Entendemos que non ten que ser responsabilidade da veciñanza ter que chamar reiteradamente á policia e estar cada fin de semana hai sen durmir e pendente de avisar á policia, como é o caso de Plácido e Camelia,
e demáis veciños que levan denunciado a situación por diversos cauces e sen todavía ver avances na solución.
Dende a Asociación recolleranse sinaturas para participar en pleno de goberno, igual que fixeron os veciños da Misericordia, e ver se dese xeito obtemos resposta ás nosas demandas co ánimo de mellorar a situación polo ben común.